Escola Basket Xiria organiza a 4ª edición de “Vive o deporte, desfruta do baloncesto na túa parroquia”- Edición Nadal

Un evento de carácter lúdico, deportivo e social, en pistas deportivas ó aire libre, facendo este ano unha parada nas parroquias de Carballo e Bértoa
As datas son as seguintes:
- CARBALLO, MÉRCORES 22 DE DECEMBRO ás 16 horas (pistas deportivas da Praza do Concello) con equipos categoría Benxamín
- BÉRTOA, MARTES 28 DE DECEMBRO ás 16 horas (pistas deportivas Colexio de Mirón – detrás da igrexa) con equipos categoría Alevín.
Nesta 4ª edición do evento, a Escola Basket Xiria de Carballo pretende achegar o deporte do baloncesto ós veciños e veciñas das parroquias, empregando pistas deportivas ubicadas en ámbito rural e urbano, cun evento de carácter lúdico, deportivo e social, onde participarán equipos das categorías inferiores, masculinos e femininos e farano en datas especiais como é o Nadal.
Todas as persoas asistentes, maiores e máis novos, poderán desfrutar e participar de xeito activo neste evento, sempre respectando as normas e medidas preventivas de saúde, sendo un feito positivo neste senso que a actividade se realice ó aire libre.
A Escola Basket Xiria pretende fomentar e difundir asemade, a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable entre os veciños e veciñas do municipio.
Ademais con esta actividade ponse en valor os recursos existentes no Concello e asemade é unha forma de achegalos aos xogadores, xogadoras e familias e fomentar o contacto e relación da veciñanza de diferentes zonas.
Lembrar que nas 3 anteriores edicións esta actividade tivo lugar nas parroquias de Verdillo, Sísamo, Carballo (A Brea), Noicela, Razo e Goiáns.