Leticia Rey presenta o seu primeiro disco na Praza de María Pita

Os viandantes da praza de María Pita puideron disfrutar da espectacular voz de Leticia mentras paseaban

O primeiro disco de Leticia Rey quedou presentado onte martes 30 na Praza de María Pita de A Coruña. Baixo o título de «Leticia Rey» chega este EP con tres temas en inglés e un en castelán da compositora e cantante de Vila de Cruces afincada na actualidade en Culleredo para poder traballar o directo coa súa banda de músicos ben coñecidos na escea galega como Iago Mouriño no teclado, Óscar Quintáns na batería e Jorge Quesada no baixo e guitarras.

O disco foi gravado fai uns meses en Estudios Mans tras ser elexida polo xurado da Edición 2020 do concurso que convoca anualmente a Fundación Paideia para descubrir o talento musical a nivel de toda España. Pese a competir con diversas bandas, a proposta de Leticia Rey coa súa voz e a súa guitarra fixo que o xurado a elexise a ela nunha disputada final.

Na actuación de onte, Leticia interpretou tres temas do disco en versión acústica para as persoas que pasaban pola praza actuando entre a sede do Concello e a da Fundación Paideia que se atopa tamén na mesma praza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.