Lugo acolle a primeira xornada formativa de cemiterios patrimoniais

Cristina López destacou a importancia desta xornada “para consolidar a Lugo e o noso cemiterio como un referente dos cemiterios patrimoniais”

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anuciou que Lugo acollerá a primeira xornada formativa de cemiterios patrimoniais sobre musealización de cemiterios. Cristina López destacou que esta xornada «permitirá consolidar o proxecto que estamos a levar adiante desde a área de Participación como para converter o cemiterio de Lugo como un referente dos cemiterios patrimoniais».

A xornada terá lugar na Domus do Mitreo o vindeiro mércores 22 de decembro, e contará cunha visita pola cultura funeraria lucense (Cemiterio Municipal de San Froilán, Museo Diocesano e Catedralicio e Sala Arqueolóxica de San Roque) e cunha mesa redonda baixo o título Os cemiterios municipais. Musealización e conservación.

A concelleira de Participación estará acompañada na mesa redonda por Diego Andrés Bernal Botero, secretario permanente da rede iberoamericana de valoración e xestión de cemiterios patrimoniais. Ademais a área de Participación contará na mesa redonda con Ana Goy, catedrática de humanidades da USC e Amparo Rubinos, xefa de servizo do cemiterio municipal de Lugo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.