Mellora do acceso ao barrio do Couto en Arbo

O goberno arbense invertia nesta actuación 49.995,78 €.- co financiamento do 70% do investimento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, de acordo coa Orde de 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e convócanse subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados a prestación de servizos municipais, destinadas a Concellos de Galicia para o ano 2021, sendo o 30% restante asumido polo Concello con cargo a fondos propios.
O obxecto do contrato é a mellora do acceso dun camiño municipal no Lugar de O Couto, na parroquia de Arbo, coa mellora do seu trazado e seguridade viaria, ampliando a plataforma pavimentada.
O Alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil, insistiu en que «esta acción responde a unha demanda histórica dos veciños e veciñas do barrio de O Couto, que recolleu o equipo de goberno do Concello de Arbo”. Coas obras realizadas deuse na estrada de acceso ao Couto resposta a cidadanía “o noso compromiso de rematar a remodelación completa en canto posible porque un dos nosos obxectivos é devolver aos lugares do noso municipio a importancia que nunca tiveron que perder” – remata o rexedor.
As obras realizadas describense no proxecto redactado e que serviu de base para a solicitude da subvención ante a Xunta entre as que estan a execución dunha limpeza de marxes con apertura de cunetas eliminación de raíces existentes das árbores próximas en varios puntos do trazado, demolición do firme existente, a colocación de salvacunetas con tubaxe e posterior pavimentación, así como nova iluminación.
«Son obras que están dentro do plan que puxemos en marcha para a mellora de viais públicos do municipio -sinala edil Horacio Gil-. A estes sumaranse outros aprobados e incluídos dentro do plan de melloras de viais municipais, espazos publicos e melloras en abastecemento e saneamentos para o ano 2021. No ano 2020 o Concello de Arbo acometeu melloras no viais de Laxas, Esmoriz, Urzal, mellora do entorno de San Xoan, Area Recreativa Bouza de Miguel, melloras en lavadoiros…. entre outras.