Noa Díaz presenta a súa precandidatura á Secretaría Provincial do PSdeG Coruña

A deputada Noa Díaz presenta este martes 28 a súa precandidatura á Secretaría Xeral Provincial da Coruña. A decisión tómaa -di- alentada por moitos compañeiros e compañeiras da provincia que desexan un proxecto propositivo “e co que toda a militancia se poida identificar”.

“O proxecto que encabezo pretende darlle un pulo á participación da militancia, poñendo o foco nas agrupacións máis pequenas, que son as que teñen maiores dificultades, á vez que fortalecer a estrutura comarcal do partido e as relacións que se deben manter entre a militancia e as institucións nas que estamos presentes para así darlles voz”, manifesta nunha carta de presentación dirixida á militancia.

“Co noso proxecto colectivo buscamos establecer cauces maiores de participación para que cada militante, dende as Casas do Pobo, conecte coa sociedade para trasladar a esencia mesma do PSdeG: socialismo, galeguismo e feminismo”, afirma. E engade: “é hora de que as mulleres deamos un paso decidido á fronte do PSdeG e incorporemos a nosa visión á maneira de facer política. A procura da igualdade real é unha das nosas sinais de identidade, e para iso debemos encabezar proxectos coma esta candidatura, na que estou acompañada de compañeiras e compañeiros que tamen o entenden así”.

Díaz asegura que a candidatura que presenta nace con “vontade de sumar ideas e achegas en positivo para incorporalas ao proxecto colectivo que é o PSdeG, configurado como ferramenta coa que dar solución aos numerosos problemas aos que se enfrenta Galicia”.

Remata a carta solicitando un apoio masivo na sinatura de avais, sen os que non podería formalizar a súa candidatura definitiva. “O primeiro paso é acadar o apoio dun 12% de compañeiros e compañeiras para así poder participar nese ilusionante proceso de democracia interna que son as primarias”, afirma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.