Novas obras de arte urbana en Oleiros e Dorneda continúan embelecendo o municipio

O Concello de Oleiros ten previsto contratar tres novos murais artísticos para solos, fachadas e medianeiras que se visualizan desde o espazo público. Nesta intervención, a muralista Lula Goce vai crear un mural no solo da praza da Rabadeira e Joseba Muruzábal pintará as fachadas medianeiras dun edificio da rúa Miraflores e o muro exterior do cemiterio de Dorneda

Estas actuacións teñen unha vocación de permanencia no tempo, convidando os propietarios e propietarias de edificios e os promotores a contribuír ao labor de ornato e ao saneamento das edificacións. Co embelecemento das paredes e dos solos créanse espazos públicos máis agradables para a convivencia e o lecer; poténciase a arte urbana e promóvese a artistas galegos dedicados ao muralismo.

O custo total da creación destas obras de arte é de 42.702,05 euros. O Concello de Oleiros vai solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para financiar o proxecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *