O CIFP A Xunqueira acolle unhas xornadas sobre as Perspectivas da Nova Formación Profesional

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Xunqueira de Pontevedra acollerá o venres 10 e o sábado 11 de decembro unhas xornadas formativas gratuítas organizadas por UGT Ensino baixo o título de Perspectivas da Nova Formación Profesional

A formación terá carácter presencial e unha duración de dez horas, homologadas pola Consellería de Educación e válidas para sexenios, traslados ou oposicións, e todos aqueles que desexen participar deberán inscribirse previamente a través dos contactos ensino.pontevedra@ugt-sp.ugt.org e 986 85 84 13 (dispoñibles tamén para obter máis información).
O programa das xornadas inaugurase o venres 10 de decembro ás 17:00 horas co acto de presentación da actividade, que dará paso, a partir das 17:30 horas, a unha exposición, conferencia e coloquio sobre ‘A nova FP’ a cargo da secretaria xeral de Formación Profesional, Clara Sanz López, e a unha táboa redonda moderada polo ex director xeral de FP, Antonio Vázquez Vázquez, que analizará o estado actual da FP en Galicia e que terá como relatores ao ex director do CIFP de Santiago, José Manuel Leis Blanco; o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo Piñeiro; o director do IES Montecelo, Miguel Carballa González, e o director do IES Frei Martín Sarmiento, David Alvariño Pérez.
A actividade formativa retomarase o sábado 11 de decembro pola mañá, cunha exposición, debate e coloquio que dará comezo ás 10:00 horas, a cargo do deputado do PSOE por Pontevedra Guillermo Meijón Couselo, membro da Comisión de Educación e voceiro adxunto socialista no Congreso dos Deputados. O seu relatorio versará sobre o desenvolvemento curricular da Lei Orgánica de Modificación da Loe (Lomloe) e o enfoque histórico do ensino.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.