O Concello de Arbo manterá conxeladas as taxas e impostos municipais

O Concello de Arbo manterá a conxelación de todos os impostos e taxas municipais para o próximo ano 2022, unha medida que busca reducir a presión económica sobre a veciñanza e sobre todos os sectores produtivos da vila, continuando na senda da mellora dos servizos sen subir impostos marcada por este grupo de goberno

“A contención da presión fiscal, máis se cabe, durante esta época de pandemia, supón un obxectivo fundamental para este grupo de goberno, que pretende non agravar as dificultades nos fogares dos nosos veciños que se están a producir a consecuencia da subida do prezo de servizos básicos como luz, gas, combustible… xunto con todos os produtos de primeira necesidade, sumada á crise que está afectando gravemente á economía local”.

“Consideramos, polo tanto, necesario continuar coas políticas de mellora na atención ás necesidades da veciñanza sen prexudicar o seu poder adquisitivo nin lastrar os nosos sectores produtivos, bases fundamentais para unha reactivación que esperamos e desexamos sexa firme durante o vindeiro ano”.

“O Concello de Arbo non reparará nin en esforzos nin en recursos para retomar a actividade e restablecer a calidade de vida que desfrutábamos hai uns meses, cun programa de goberno no que non se recolle ningún tipo de aumento na carga impositiva para os veciños de Arbo, optimizando a aplicación dos ingresos ás necesidades da cidadanía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.