O Concello de Arbo reparte alimentos a 35 familias en risco de exclusión social

A distribución de alimentos, que podría chegar a máis de  35 familias, comezou   a semana pasada, e ademáis de alimentos cotidianos, realizaron se paquetes con produtos de Nadal, roupa e xoguetes para os máis cativos.

Como administración máis próxima á cidadanía, «é a que en primeira instancia debe atender aos seus habitantes, posibilitando a mellora das súas condicións de vida», informou o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

Alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza e hixiene e produtos de primeira necesidade foron repartidos con cargo a fodos propios dende o Concello, así como roupa e xoguetes para os cativos e cativas de Arbo.

O Concello de Arbo, destina aproximadamente 12.000 euros a emerxencia social, ademáis de que dispón dun banco de roupa e xoguetes, e o reparto de alimentos e outros productos realizanse en varias quendas o longo do ano.

Estes alimentos están destinado ás familias máis necesitadas do municipio e en risco de exclusión social, que acceden ádemais a outras axudas a través de servizos sociais municipais.

Os casos de familias que se atopan nunha situación de exclusión social, agravada pola crise sanitaria e as súas consecuencias económicas, fan que sexa urxente proporcionarlles comidas saudables, productos de primeira necesidade e hixiene, así como produtos de nadal – remata informando o rexedor

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.