O PRESCO Cultural axudará este Nadal aos artistas locais con actuacións en tódolos barrios da Coruña

José Manuel Lage: “Cumprimos co compromiso que adquirimos nesta corporación de potenciar a industria cultural durante un ano complexo marcado tamén pola pandemia”

O Concello da Coruña reforzará a súa programación cultural durante o Nadal con 66 actuacións extraordinarias que se repartirán por toda cidade a partir do 10 de decembro, eventos organizados na súa maior parte con artistas locais e que servirán non só para ampliar a programación prevista para eses días, senón tamén para apoiar ao sector da cultura local, un dos máis afectados polas restricións da pandemia.

O pleno municipal aprobou hoxe o modificativo que permitirá levar a cabo dito programa, dotado cun investimento de 257.631 euros. “Cumprimos co compromiso que adquirimos nesta corporación de potenciar a industria cultural desta cidade durante un ano complexo marcado tamén pola pandemia”, indicou no pleno o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e portavoz do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas.

O incremento da achega cultural forma parte do acordo unánime que activou o segundo PRESCO, dotado con 6 millóns de euros. O Concello da Coruña leva investidos 20 millóns de euros en plans de recuperación. O PRESCO Cultural “supón un referendo do compromiso que ten o Goberno de Inés Rey co mundo da cultura”, explicou Lage Tuñas, e permitirá este Nadal apoiar aos artistas locais coa organización de concertos, monólogos, espectáculos de maxia e danza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.