O Teatro Colón acollerá a estrea mundial do documental sobre CUAC FM “Nada que ver”

A  radio comunitaria da Coruña CUAC FM cumpliu 25 anos de emisión no 103.4 da frecuencia modulada en 2021. Baixo a dirección de Iago Prada o documental tentará condensar en menos dunha hora tantos anos de vida radiofónica e asociativa. O evento terá diversas sorpresas e a recadación será íntegramente a beneficio da Cociña Económica

O Teatro Colón de A Coruña acollerá o vindeiro xoves 10 de febreiro a estrea mundial do documental «Nada que ver» sobre os primeiros 25 anos de historia de CUAC FM 103.4, a radio comunitaria da Coruña.

Tratar de condensar unha historia tan longa na que teñen participado de forma activa máis de 1600 persoas, locutoras, locutores, técnicas e técnicos dos máis de 475 programas diferentes que deron vida ao 103.4 do dial coruñés non é tarefa nada sinxela. Iago Prada, é o director da peza que está na actualidade en fase de edición e montaxe. Prada conta con dous proxectos propios como son Vida Ártabra e Bullfight, ademáis de múltiples colaboracións noutros traballos. Foi tamén integrante de dous programas en CUAC FM co que coñece en primeira persoa aquelo que vai tentar transmitir.

Os Medios Comunitarios son un movemento social e de voluntariado a nivel mundial con múltiples obxectivos e sempre con duas premisas: garantir o dereito a comunicar de calquera persoa, recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos e na Constitución Española, e que as emisións se realicen sen ánimo de lucro e sen aceptar o proselitismo relixioso ou político.

Lamentablemente en España ainda queda un longo camiño para equiparse con moitos países europeos en canto a dereitos de acceso a licenzas, de financiación digna e de recoñecemento da importante tarefa que realizan radios e Tvs comunitarias.

Na imaxe, emisión dende o Parque de Santa Margarida dun programa comunitario con motivo do Día da Ciencia na Rúa en plena entrevista a Javier Novelle, xa falecido, e gran impulsor dese evento

O documental é posible grazas ao financiamento da Área de Cultura da Deputación da Coruña e á colaboración do Concello da Coruña que cede o Teatro Colón para o evento. A recadación obtida no dá da estrea destinarase íntegramente á Cociña Económica. As entradas estarán dispoñibles próximamente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.