O Teatro Rosalía de Castro acollerá 13 destacadas obras teatrais a nivel galego e nacional

O portavoz do Goberno, José Manuel Lage, presentou a programación do primeiro semestre do 2022

O portavoz do Goberno municipal, José Manuel Lage, presentou hoxe a programación do primeiro semestre de 2022 do Teatro Rosalía de Castro. Inclúe 13 obras teatrais de gran nivel escénico e interpretativo, tal e como detallou durante o acto celebrado esta mañá no Teatro e que contou tamén coa presenza do director do Rosalía, Xosé Paulo Rodríguez.

A oferta conta con destacadas compañías, directores e actores tanto a nivel galego como nacional. O Ciclo Principal comezará o 28 e 29 de xaneiro con ‘True West’, de San Shepard, adaptada por Eduardo Mendoza e dirixida por Montse Tixé, que conta entre o seu elenco con Tristán Ulloa ou Jeannine Mestre. Ás dez representacións habituais deste ciclo, súmanse tres funcións que só se representarán un día.

“A programación que presentamos hoxe para o primeiro semestre de 2022 responde a espírito do Teatro Rosalía nos seus 180 anos de historia, ofrecer o mellor da escena galega e española, dende o equilibrio, a pluralidade e dando resposta á súa vocación de servizo público”, sinalou José Manuel Lage durante o acto de presentación. Todas as funcións programadas cumprirán coas esixencias sanitarias decretadas polas autoridades en cada momento.

Todas as funcións serán ás 20.30 os venres e os sábados a excepción de ‘Moria’, que terá dous pases cada día, ás 18.30 e ás 20.30 horas. A partir desde 27 de decembro e ata o 4 de xaneiro do 2022 os aboados do Teatro Rosalía de Castro poderán retirar as súas entradas para os espectáculos no quiosco da praza de Ourense. Do 7 ao 10 de xaneiro estará aberto o período de novas altas. As entradas sairán a venda o 13 de xaneiro. O prezo irá desde 5 euros por unha función a 126,38 euros o abono completo nas mellores localidades.

José Manuel Lage destacou que “esta programación é unha mostra máis do compromiso que ten o Goberno de Inés Rey co mundo da cultura, un compromiso do que temos dado conta en múltiples ocasións, mantendo os investimentos durante os meses máis duros da pandemia e contribuíndo dun xeito moi destacado ao mantemento do sector cos plans de recuperación postos en marcha por este Concello”.

Programación completa

● 28 e 29 de xaneiro: ‘True West’, de De San Shepard. Adaptación de Eduardo Mendoza. Dirección de Montse Tixé. Coprodución de Octubre Producciones, Tanttaka Teatroa e Bitò Produccions. Con: Tristán Ulloa, Pablo Derqui, José Luis Esteban e coa colaboración especial de Jeannine Mestre.

● 4 e 5 de febreiro: ‘Moria’, escrita por Ruth Sánchez, Marta Vieira, Mario Vega, Luis O’Malley, Nicolás Castellano e Valentín Rodríguez. Dirección de Mario Vega. Espectáculo con aforo reducido, dous pases cada día, un ás 18.30 e outro ás 20.30 horas. Unahoramenos Produciones. Con: Marta Vieira, Ruth Sánchez.

● 11 de febreiro: ‘RIF (de piojos y gas mostaza)’, de Mariano Llorente e Laila Ripoll. Dirección de Laila Ripoll. Micomicón en coprodución co Centro Dramático Nacional e A Priori. Con: Arantxa Aranguren, Néstor Ballesteros, Juanjo Cucalón, Ibrahim Ibnou Goush, Carlos Jiménez-Alfaro, Mariano Llorente, Mateo Rubistein, Sara Sánchez e Jorge Varandel

● 18 e 19 de febreiro: ‘Atocha. El revés de la luz’, de Javier Durán con dirección de Javier Durán. Coprodución de Javier Durán e I.N.K Producciones. Con: Nacho Laseca, Fátima Baeza, Frantxa Arraiza, Alfredo Noval, Luis Heras e Miguel Pancorbo.

● 4 e 5 de marzo: ‘El cuaderno de Pitágoras’, de Carolina África con dirección de Carolina África. Centro Dramático Nacional. Con: Manolo Caro, Emmanuel Cea, Gldys Ibarra, Helena Lanza, Ascen López, Jorge Mayor, Nuria Mencía, Victoria Teijeiro.

● 12 de marzo, ‘Tierras del Sud (Trilogía Pacífico)’, con texto, investigación e posta en escena de Txalo Toloza-Fernández, coreografía de Laida Azkona. Coprodución Antic Teatre, Festival TNT e Azkona&Toloza. Con: Laida Azkona Goñi, Txalo Toloza-Fernández.

● 18 e 19 de marzo: ‘Eva contra Eva’, de Pau Miró, dirección de Silvia Munt. Bitò Produccions. Con: Ana Belén, Mel Salvatierra, Javier Albalá, Manuel Morón, Ana Goya.

● 27 de marzo: ‘El diablo en la playa’, texto e dirección de Ana Vallés. Programación Especial Día Mundial do Teatro 2022. Matarile en coprodución con AGADIC. Con: Celeste & Claudia Faci.

● 1 e 2 de abril: ‘Lo fingido verdadero’, de Lope de Vega, dirección de Lluís Homar. Compañía Nacional de Teatro Clásico. Con: María Besant, Montse Díez, Israel Elejalde, José Ramón Iglesias, Ignacio Jiménez, Álvaro de Juan, Jorge Merino, Francisco Pozo, Aisa Pérez, Arturo Querejeta, Verónica Ronda, Aina Sánchez, Eva Trancón.

● 8 e 9 de abril: ‘Smoke on the water’, texto e dirección de Santiago Cortegoso. Premio de Teatro Mome Varela Buxán 2013. Ibuprofeno Teatro. Con: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas, Mon Orencio.

● 22 e 23 de abril: ‘Erresuma. KingDom. Reino’, baseada nos dramas históricos de Ricardo II, Enrique IV, Enrique V, Enrique VI e Ricardo III, con versión e dirección Calixto Bieito. Teatro Arriaga en coprodución co Teatro Español, Teatro Principal de Vitoria, teatro Victoria Eugenia e Muxikebarri. Con: José María Pou, Joseba Apaolaza, Lucía Astigarraga, Ylenia Baglietto, Ainhoa Etxebarria, Miren Gaztañaga, Iñaki Maruri, Koldo Olabarri, Lander Otaola, , Eneko Sagardoy

● 20 e 21 de maio: ‘As que limpan’. Idea e dirección de Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Co apoio dramatúrxico de Paula Carballeira. Coprodución A Panadería e Centro Dramático Nacional. Con: Areta Bolado, Noelia Castro, AIlén Kendelma

● 17 e 18 de xuño, ‘Los Santos Inocentes’, de Miguel Delibes. Adaptación de Fernando Marías e Javier Hernández Simón, con dirección Javier Hernández-Simón. De GG Producción e Teatro del Nómada en coprodución con Carallada!!, Aj Claqué, María Comunicación, Mardo, Juan Carlos Castro, Saga Producciones e Diodati se mueve. Con: Javier Guttiérrez, Pepa Pedroche, Fernando Huesca, Yune Nogueiras, Marta Gómez, Ramón Barea, José Fernández, Raquel Varela, Jacobo Dicenta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *