Olga Louzao instará no pleno ao Goberno local a presentar o estudo de custes completo do derribo das torres do Garañón antes de marzo de 2022

Olga Louzao sinalou que é  necesario que, non só os grupos do Concello, se non todos os lucenses coñezan a canto ascenderá, entre outras cousas, cumprir coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que será toda a veciñanza a que pague pola nefasta xestión que sen dúbida comprometerá as contas municipais ao longo da vindeira década

A voceira municipal de CS, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo instará no pleno ordinario do xoves ao Goberno local a que presente ao longo do primeiro trimestre de 2022 un informe económico que contemple todos os custes asociados a conversión en zona verde da unidade de actuación CS-5. «Este documento debe ter en conta o custo do derrubo das torres, as posibles indemnizacións ao promotor pola perda total de edificabilidade nesa zona e todos os aspectos que poidan supoñer un custo para as arcas municipais,  tal e como se contemplaba no acordo plenario de novembro de 2018», sinalou a concelleira da formación laranxa.

«É necesario que, non só os grupos deste Concello, se non todos os lucenses coñezan a canto ascenderá, entre outras cousas, cumprir coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que será toda a veciñanza a que pague pola nefasta xestión levada a cabo polo partido socialista ao longo da última década.

Desde Cs levamos meses solicitando esta información e o único que obtemos é un non por resposta. É imposible que o Goberno este traballando neste asunto sen ningún tipo de estimación e, de ser así, sería un auténtico despropósito. É lamentable que Lara Méndez engane aos veciños con anuncios propagandísticos que o único que pretenden é branquear a xestión do seu goberno e dos seus antecesores e que pospoña intencionadamente dar cumprimento a esta sentenza para non evidenciar que a derriba supoñerá hipotecar as contas do Concello durante décadas», concluíu.

Louzao relatou que na Xunta de Goberno Local do 16 de xuño de 2021, aprobouse a elección da alternativa na que se vai basear a redacción do proxecto de modificación puntual do PXOM, que prevé a eliminación total do aproveitamento lucrativo previsto do PXOM (16.418 metros cadrados), incorporando esa superficie ao sistema xeral de zonas verdes. Cando o equipo de goberno presentou, nese mesmo mes de xuño, o suplemento de crédito de case un millón de euros para o derrubo das torres, o grupo municipal de Ciudadanos xa solicitou que se presentara o estudo económico no que se baseu a alternativa escollida, tal e como se contempla no acordo plenario de novembro de 2018, pero Méndez declinou facilitar esta información.

Crítica ao papel do BNG no asunto Garañón

«Resulta canto menos sorprendente que o BNG, agora no Goberno, non obrigara ao PSOE a presentar este estudo, posto que os nacionalistas subscribiron o acordo de 2018 votado en bloque por toda a oposición. Pero desgraciadamente estamos acostumados a que Arroxo diga unha cousa e logo faga a contraria. A súa labor neste Goberno limítase a levantar a man cos socialistas a cambio de dispoñer 40% do orzamento municipal», apuntou Louzao. «Ata o día de hoxe, e logo de solicitar esa información en repetidas ocasións, foi imposible que o equipo de goberno a facilitase, se é que existe, amosando unha absoluta falta de transparencia cun asunto que todo parece indicar que supoñerá un custo millonario para as arcas municipais e que sen dúbida comprometerá, goberne quen goberne, a xestión municipal ao longo da vindeira década», concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.