Os socialistas piden un “acordo de país” sobre a reforma do sistema de financiamento para que Galicia “non perda o seu status”

Begoña Rodríguez Rumbo incide na intención do PSdeG de chegar a acordos, pero advirte sobre “o rodillo do PP no Parlamento galego”: “normalmente impón a súa vontade porque ten os votos suficientes”

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de pedir un “acordo de país” en cuestión de financiamento para que Galicia “non perda o seu status”.

Fíxoo, hoxe, no Parlamento de Galicia, onde se aprobaron as normas de funcionamento da comisión non permanente especial para abordar a proposta da comunidade autónoma de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento e ademais se rexistrou o plan de traballo que será debatido na Cámara galega o próximo día 23 de decembro.

Ao fío disto, Rodríguez Rumbo avogou pola busca de acordos por parte do PSdeG, pero advertiu sobre “o rodillo do PP no Parlamento galego” ao impor o seu criterio na maioría dos debates.

“Chegamos a esta comisión partindo da idea de poder chegar a consensos co grupo maioritario da Cámara e tamén co outro partido da oposición, malia que a realidade é que na práctica, durante estes anos no Parlamento, o PP normalmente impón a súa vontade porque ten os votos suficientes e non avoga polo consenso”, sentenciou a voceira socialista.

Así, Rodríguez Rumbo ofreceu “man tendida” por parte do Grupo Socialista, pero “xa veremos como se vai desenvolvendo a comisión”. “Esperamos que esa man tendida sexa recollida polo PP”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.