Patrimonea pecha o ano cunha San Silvestre sendeirista en Touro o 26 de decembro

A empresa local Patrimonea pechará o ano do seu estreno  cunha proposta novedosa: unha San Silvestre sendeirista co seu roteiro «camiños da historia» o domingo 26 de decembro. Unha proposta de ocio saúdable para rematar o ano por todo o alto disfrutando da natureza e o rural. A idea de organizar este evento xurdiu de que nestas datas todas as cidades teñen un evento relacionado co deporte para celebrar o peche do ano, sen embargo estas propostas poucas veces teñen lugar en entornos rurais a pesares da potencialidade que ofrecen para programar actividades en enclaves naturais e dunha inmensa beleza. Vai en liña co lema da nosa empresa «amor polo rural». A pesares de que neste caso é unha proposta da empresa sen apoio institucional, apuntan que están abertos a organizar roteiros deste tipo para aqueles concellos e entidades que queiran celebrar o fin de ano poñendo en valor a súa contorna.

Darío Rey Suárez, o fundador de Patrimonea, deseñou un itinerario inédito duns 11 quilómetros que ten como principal interese o seu valor histórico. O inicio ten lugar na carballeira de Brandelos, un enclave natural coñecido polas súas augas mineromedicinais de poder curativo que xa tiñan fama entre os médicos santiagueses no século XIX.

Durante o percorrido recorreranse camiños, nun entorno caracterizado polo bosque autóctono e a continua presenza da auga, nos que algúns investigadores sitúan a vía romana XIX que unía Braga con Astorga.  Esta idea vese reforzada por outros dous puntos estratéxicos que poderán disfrutar os sendeiristas. O primeiro deles é o castro situado no Coto de San Sebastián, o punto máis alto do concello de Touro.  Dende este lugar priviliexado os participantes na ruta divisarán unha singular xoia arqueolóxica: o campamento romano de O Castrillón. Este campamento foi descuberto polo grupo de investigación Romanarmy, no que participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, e supón unha auténtica revolución no coñecemento sobre a conquista de Gallaecia por parte das tropas romanas.

A fervenza do Batán, o hórreo BIC de Outeiro ou un serradoiro hidráulico serán  outros dos puntos de interese que poñerán a guinda a este roteiro de dificultade media. Ao finalizar o roteiro os sendeiristas poderán disfrutar das vistas que ofrece o mirador de Pena sobre un meandro do río Ulla rodeade de bosque autóctono. O punto de encontro dos participantes será Café-Bar A Peneira en Fonte Díaz ás 09:30. Os interesados en inscribirse a esta ruta atoparán toda a información en https://patrimonea.wordpress.com/, nas redes sociais ou mediante un whatsapp ao 699680217. Hai cotas reducidas para aqueles que se inscriban antes do 14 de decembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.