Piden o arranxo da estrada LU-133 ao seu paso por Abadín

O socialista Pablo Díaz explicou que “presentamos esta proposta tras escoitar ás demandas da veciñanza que se queixan do mal estado deste vial autonómico”

O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que defenderá unha moción no vindeiro pleno, para demandar ao Concello que inste ao Goberno de Feijóo a mellorar e reparar a estrada autonómica LU-133 que atravesa o Concello ata Moncelos.

“Este vial é moi utilizado tanto polos transportistas que transcorren polo noso Concello, e tamén pola veciñanza da contorna. Polo tanto demandamos ao Goberno de Feijóo que inclúa a reparación desta estrada nas súas prioridades. É necesario a reparación do pavimento deteriorado así como a substitución da sinalización horizontal e vertical e o pintado da mesma.”

Pablo Díaz explicou que “presentamos esta proposta tras escoitar ás demandas da veciñanza que se queixan do mal estado deste vial autonómico. Dende o PSdeG reclamamos a mellora da comunicación e a mobilidade dos veciños e veciñas de Abadín e de toda a Comarca que utiliza a LU-133, e polo tanto a súa seguridade vial e comodidade”, remarcou.

Por último emprazou ao Alcalde e a todo o Equipo de Goberno de Abadín “a dar unha voltiña polas parroquias e polas estradas que atravesan o Concello para comprobar o estado na que se atopan as mesmas, co fin de que se poñan a traballar para mellorar as nosas infraestruturas”, dixo Díaz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.