Podemos Galicia pide á Xunta a ampliación dos contratos ARCO en Educación e contratos estables para o profesorado

A formación anima á mobilización convocada mañá diante da Consellería de Educación

Podemos Galicia denunciou este martes a falta de continuidade dos contratos ARCO segundo anunciou a Consellería de Educación, unha medida que dota de profesorado aos centros de ensino grazas aos fondos enviados polo Goberno estatal e a Unión Europea.

A formación sinalou que a propia administración autonómica debe dispoñer do profesorado suficiente ao longo de todo o ano e non apoia esta decisión da Xunta, que argumenta que os contratos teñen carácter finalista e deben rematar este ano. «380 profesoras irán á rúa. Que o señor Feijóo explique cal é a súa proposta se elimina ata o reforzo de persoal que axuda a abordar o déficil de profesorado nas escolas galegas. Pedímoslle á Xunta que amplíen os contratos ARCO para garantir que as necesidades nas escolas públicas estean cubertas», sinalou o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino.

A isto súmaselle a cantidade de vacantes sen cubrir nas escolas que aumenta chegada a tempada de inverno, segundo datos de CCOO, ata 240 prazas na actualidade. A falta de substitucións durante as vacacións de Nadal, así como as baixas por coronavirus en plena sexta onda, incrementaron a falta de profesoras nas aulas, como veñen de denunciar varias asociacións estudiantís.

Gómez Reino lembrou que nas escolas públicas non se cobren as vacantes desde o 30 de novembro, e pediu á Xunta que escoite tanto á comunidade educativa e ás asociacións de nais e pais que demandan unha atención de calidade para os seus fillos como ao profesorado, que merecen «contratos estables e unhas condicións laborais dignas».

Podemos Galicia mostrou o seu apoio á mobilización que terá lugar mañá mércores 15 de decembro ante a Consellería de Educación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.