Rematadas as obras de saneamento na parroquia arbense de Cequeliños

O Concello de Arbo realizou obras de Saneamento en Rial e Cotiño a petición dos veciños e veciñas do lugar
O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamentos, aínda ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán a rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Rial -Cotiño coa rede xeral.
As obras que arrancaron os pasados días, foron supervisadas polo rexedor do Concello de Arbo, Horacio Gil.
Con tal motivo e o Consistorio pretende dotar de Saneamento a algun barrios de Cequeliños que actualmente non contan con este servizo, que contan cunha financiación da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, por un importe de 31.610,12 €.- para dar resposta as demandas dos veciños e veciñas do Barrio de Cotiño na parroquia de Cequeliños en Arbo
No ano 2017, o Concello de Arbo realizaba obras de acondicionamento de mina e a ampliación do Vial do Rial, que comunica o lugar de Cotiño co de Rial, dous barrios da Parroquia de Cequeliños, onde se contempla tamén o arranxo da fonte e o lavadoiro sito no mesmo lugar, moi utilizado polos veciños da zona.
“Como xa se indicou, o saneamento en Arbo ainda require incrementar a rede de colectores, pois hai barrios e lugares que non dispoñen de rede. No caso da parroquia de Cequeliños, considerase conveniente, facer a conexión da zona de Rial-Cotiño ata a rede xeral, para ampliar a rede a mais núcleos ata chegar o saneamento integral do Concello”– informa o rexedor de Arbo, Horacio Gil