Revista Fútbol Feminino. Decembro 2021

Carlos Castro
Hai unhas semanas coñecín a Maika. Maika é a nai de María Valcarcel Pazos, coñecida futbolistica- mente como Mery. O seu problema era que a súa filla non podía xogar no equipo no que desexaba, o C.D. Lugo. A razón tiña que ver coa sinatura da súa licenza por tres anos, cando era menor de idade, polo Peluquería Mixta Friol. Tamén, hai unhas se- manas, e sabendo o barullo que se está a crear con isto, o conxunto presidido por Geluco Villar fixo pública a súa primeira, e até agora única, nota de prensa ao respecto. A nota foi un verdadeiro des- propósito. Nela dedúcese que Mery é unha vítima no medio dun desencontro entre o Peluquería Mixta Friol e o Lugo, que procede de xuño do 2019, cando o cadro capitalino e o friolense non chegaron ao acordo de renovación do vínculo que os unira na campaña anterior. Ademais, os contidos do comu- nicado do club, segundo a análise de avogados, po- dería permitir á familia de Mery presentar unha de- nuncia xudicial contra o club. O Peluquería Mixta Friol salientou unha serie de condutas levadas a cabo pola futbolista, como o uso indebido dos cer- tificados federativos que permitían saltarse os fe- ches perimetrais cando o confinamento motivado pola pandemia, ou a ausencia aos treinos. Igual- mente, o club asume o coñecemento da vontade da futbolista de querer deixar o Friol a través dunha chamada telefónica, pero indica que esa vontade debería ser enviada por escrito. O caso xa está nos despachos da Secretaría Xeral para o Deporte, que podería resolver a favor da xogadora, a diferenza da sentencia ditada polo xuíz da RFGF, que foi fa- vorable aos intereses do club.
Como dixo a asembleísta, Laura Raña, estamos diante dun debate incómodo, que resulta desagra- dable, pero ese tamén é o papel das institucións, como a mesma RFGF ou, de no ser quen de proce- der á adaptación das normativas do fútbol ás esi- xencias da sociedade actual, sexa a Secretaría Xeral para o Deporte, o Tribunal de Xustiza Deportiva, ou quen corresponda, porque esta problemática é máis habitual do que a xente pensa, que non ten que ver co xénero, e é algo que coñece perfectamente o ente federativo. A ver se o “reformador” Louzán fai algo interesante neste eido. Ficamos á espera.
099. Revista FF. Decembro 2021