Rubén Arroxo participou no Vello Cárcere na apertura da exposición Mulleres Resistentes

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, estivo presente no acto inaugural da exposición Mulleres Resistentes, organizado pola ARMH e amenizado polas voces poéticas de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco e pola música de Su Garrido Pombo.

A mostra Mulleres Resistentes fai un percorrido da loita que levaron a cabo as mulleres contra o fascismo. Unha loita que a miúdo é esquecida pola historiografía, pero sen a cal é imposible entender os movementos de resistencia acontecidos na Europa do século XX. Esta exposición estará dispoñible en O Vello Cárcere durante todo o mes de decembro ata o 5 de xaneiro.

Hoxe, día 11 de decembro terán lugar dous eventos relacionados con esta mostra. En primeiro lugar ás 17:30h. celebrarase ‘o encontro mulleres con almas sen fronteiras’ coloquio no que participarán diversas expertas que colaboraron na confección da mostra, así como outras investigadoras do ámbito. Por último, ás 19:00h. terá lugar o coloquio ‘A Memoria como loita’ no que participarán familiares de mulleres que se enfrontaron ao fascismo coma René  Miguel Bueno, filla da exiliada Araceli Barranco, axente activo na resistencia francesa, perseguida e encarcerada polos nazis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.