Scooters, bicicletas e equipos de comunicación para 20 bases de Protección Civil da provincia da Coruña

O deputado de Promoción Económica, Blas García, resaltou que con estas achegas económicas «se atende ás demandas de material e novo equipamento realizadas polos equipos»

A Deputación da Coruña financia a compra de scooters, bicicletas e equipos de comunicación a 20 bases de Protección Civil da provincia. A liña de axudas contou cun orzamento de 93.034 euros ás agrupacións e asociacións de concellos con menos de 50.000 habitantes.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a adxudicación deste material. Os grupos de Protección Civil de Ames, Betanzos, Negreira, Vimianzo, Boiro, Val do Dubra, A Laracha, Carnota, Muxía e Curtis adquiriron scooters a través dunha liña de financiamento á que o ente provincial dedicou 49.513 euros. No caso de Ribeira e Dumbría, o equipamento mercado foron bicicletas, para o que se destinaron 3.630 euros. O lote de equipos de comunicación tivo como beneficiarias as asociacións e agrupacións de Carballo, Bergondo, Muros, Boimorto, A Pobra, Mazaricos, Ares e Abegondo.

O deputado de Promoción Económica, Blas García, resaltou que con estas axudas económicas «se atende ás demandas de material e novo equipamento realizadas desde as diferentes agrupacións, que fan un traballo excepcional na provincia». García destacou que durante o ano de pandemia «realizaron un labor impecable».

Listaxe de beneficiarios:

 Adxudicación definitiva lote 1 (scooter)

Agrupacións voluntarios protección civil Importe subvención
AMES 4.951,32 €
BETANZOS 4.951,32 €
NEGREIRA 4.951,32 €
VIMIANZO 4.951,32 €
BOIRO 4.951,32 €
VAL DO DUBRA 4.951,32 €
A LARACHA 4.951,32 €
CARNOTA 4.951,32 €
MUXIA 4.951,32 €
CURTIS 4.951,32 €

49.513,20 €

Adxudicación definitiva lote 2 (bicicletas)

Agrupacións voluntarios protección civil Importe subvención
RIBEIRA 1.815,00 €
DUMBRÍA 1.815,00 €

3.360,00 €

Adxudicación definitiva lote 3 (equipos comunicación)

Agrupacións voluntarios protección civil Importe subvención
CARBALLO 4.986,41 €
BERGONDO 4.986,41 €
MUROS 4.986,41 €
BOIMORTO 4.986,41 €
A POBRA 4.986,41 €
MAZARICOS 4.986,41 €
ARES 4.986,41 €
ABEGONDO 4.986,41 €

39.891,28 €

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.