Solicitan o arranxo do tramo de estrada entre o Porto de Sorrizo coa Rúa das Lobas

Alternativa dos Veciños de solicita o arranxo do tramo de estrada que comunica Sorrizo con Chamín, que vai desde o Porto de Sorrizo ata a Rúa das Lobas en Chamín e que ten saída á estrada provincial DP-0514

Alternativa dos Veciños volve solicitar melloras en vías municipais que transcorren polas parroquias de Sorrizo e Chamín, xa que coa decisión do Goberno Municipal de converter en peonil o tramo de estrada que enlaza a Praia do Reiro e o Porto de Sorrizo e o mal estado no que se atopan as demais vías municipais que dan acceso á parroquia de Sorrizo, os veciños e veciñas que teñen que circulan a diario por estas estradas expóñense ao risco de sufrir accidentes e tamén de esnaquizar os seus vehículos.

“O alcalde prometeu fai máis de tres meses nunha reunión mantida con veciños das parroquias de Sorrizo e Chamín, que este tramo de estrada seria arranxado de inmediato, xa que xa se realizaron todas as xestións necesarias. Pero, como se pode comprobar, esta vía segue no mesmo estado e non hai ningunha previsión de que se vaia a arranxar a curto prazo” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Mentres o Goberno Municipal do Partido Popular continua mentindo, enganando e unicamente centrado en atender aos intereses duns cantos empresarios ligados á súa formación, os veciños e veciñas de Arteixo seguen sufrindo as consecuencias provocadas por unha desastrosa xestión” matiza Juanfran Martínez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.