Un Nadal cheo de actividades en Carral

A programación deseñada polo Concello comezará hoxe, sábado 4 de decembro, e rematará o 8 de xaneiro

O Concello de Carral publicou o seu programa de actividades para este Nadal, cheo de actividades culturais e deportivas para dar alternativas de ocio á veciñanza e fomentar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.

A programación comeza hoxe, sábado 4 de decembro, co XVIII Torneo de Tiro Olímpico, e rematará o sábado 8 de xaneiro co XIX Torneo de Tiro Olímpico e un curso de iniciación á patinaxe. Entre medias, obradoiros, música, cine, patinaxe sobre xeo, teatro, concursos de decoración e, sobre todo, moito deporte, encherán as rúas de Carral.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro o Concello organiza o Campamento Deportivo de Nadal, con temática sobre os xogos olímpicos e os deportes de inverno, que se levará a cabo de luns a venres, de 7:30 a 16 horas, e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 15 anos.

 

Non faltará a visita de Papá Noel, o xoves 23 de decembro no Campo da Feira, e dos Reis Magos, que farán a súa tradicional cabalgata o 5 de xaneiro desde as 11 horas, pasando por todas as parroquias e chegando ás 19 horas ao Campo da Feira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.