Xuntos Carballo pide que se remate “co vergoñento estado do firme da parada de bus” da Avenida de Bértoa

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de obras José Luis Bardanca, achegaronse ata a Avenida de Bértoa para poder ver o máis que lamentable estado en que se atopa o firme da parada de bus, despois de numerosas queixas recibidas
“Foron xá varias as veces que se transladou a necesidade de acondicionar o espazo, sen que a día de hóxe nada se fixera a o respecto” denuncian dende a formación. O autocar vese obrigado a parar no arcén, pois as fochancas son tan fondas que imposibilitan que empregue o espazo, que para tal fin está feito.
Os usuarios/as amosan a súa indignación, tendo estes/as moitos problemas para acceder ao transporte público, por ter que camiñar polo medio das pozas de auga, o que leva asociado molladuras, friaxes ou outro tipo consecuencias para a saúde.
Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, piden que se actúe con urxencia para “rematar co estado vergoñento en que se atopa o firme, e dende o concello fagan as xestións pertinentes o máis axiña posible”.