75.961 casos activos por COVID-19 en Galicia

A día de hoxe hai 75.353 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 75.961 deles 15.388 son da área da Coruña, 7.745 da de Lugo, 8.229 da de Ourense, 8.908 da de Pontevedra, 20.348 da área de Vigo, 11.365 da de Santiago e 3.978 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 553 en unidades de hospitalización e 75.353 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 273.086 persoas curadas, rexistrándose 2.858 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.479.139.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.147.679.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.