A Deputación da Coruña destina 1 M€ á contratación de técnicos deportivos nos concellos da provincia

70 concellos coruñeses contaron o ano pasado cun técnico de Deportes grazas ao apoio económico do ente provincial

Un ano máis, a Deputación da Coruña financia a contratación de técnicos deportivos nos concellos da provincia. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria oficial  deste programa, que en 2022 está dotado cun orzamento de 1.000.000 euros.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, destacou que o programa “contribúe a xeración de emprego, pois permitiu durante 2021 a contratación de 70 técnicos deportivos nos concellos durante un período de un ano” e, ao mesmo tempo, serve para que os municipios coruñeses “podan desenvolver programacións deportivas de carácter profesional e estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores”, apuntou.

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un período de un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros ao ano para aqueles municipios que opten pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poderán tamén optar por contratar técnicos superiores de FP en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

O apretura do prazo de solicitudes para os concellos determinarase no anuncio da convocatoria deste programa na Base Nacional de Subvencións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.