A Federación Alzhéimer Galicia organiza un encontro sobre a atención integral e especializada en demencias

O encontro terá lugar o sábado 29 de xaneiro na Biblioteca X. Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia

No marco da formación 2022 a Federación Alzhéimer Galicia organiza un Encontro no que pondranse en valor as Unidades Terapéuticas para que estas sexan recoñecidas desde a perspectiva sanitaria como un servizo de atención integral e especializada en demencias. Un recurso de gran valor no referente á prevención e o diagnóstico precoz.

Tras o éxito acadado no primeiro encontro de expertos celebrado en setembro de 2021, a Federación quere extender estes encontros a diferentes edicións ó longo do tempo.

O obxectivo destas xornadas é propiciar un debate sobre un tema de actualidade relacionado coas demencias e fomentar o intercambio de ideas dos diferentes profesionais que traballan cara a cara co alzhéimer. Deste xeito conséguese crear unha rede de atención cohesionada e forte cun obxectivo común: mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con demencias e as súas familias.

Nesta ocasión o Encontro reunirá a profesionais da rama da psicoloxía, neuroloxía e atención primaria de todo o territorio nacional.

  • Enrique Arrieta Antón: médico de atención primaria en Segovia, membro de SEMERGEN (Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria)
  • María José Moreno Carretero: Neuróloga do Hospital Universitario de Vigo (CHUVI)
  • Roberto Suárez Canal: Psicólogo. Director Centro Residencial «Dolores Castañeda»- AFA VITAE. Coordinador Federación Provincial Alzheimer de Cádiz

Ademais estarán acompañados pola presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, Isabel Gey.

Unha vez máis contamos coa colaboración especial da recoñecida xornalista e experta en comunicación oral, Isabel Pichel, quen será a encargada de dinamizar e moderar as intervencións dos expertos.

O encontro é de balde e está destinado a profesionais, familias e público en xeral interesado na temática.

Seguindo protocolo COVID solicitarse certificado de vacinación, farase control de temperatura e recomendarase uso de mascara FFP2.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.