A Fundación de los Ferrocarriles de España acolle con entusiasmo o proxecto para ampliar a Vía Verde do Salnés ata Pontevedra

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes; os concelleiros de Turismo de Pontevedra e Vilagarcía, Yoya Blanco e Álvaro Carou, e o xefe do Servizo Municipal de Parques e Xardíns, Manuel Fontán, mantiveron esta mañá no Ifema unha xuntanza co director xerente da Fundación de los Ferrocarriles de España (FFE), José Carlos Domínguez, e o xefe de Proxectos Técnicos da Área de Vías Verdes da FFE, Maximiliano Cuevas

A reunión serviu para presentarlles aos responsables da FFE o proxecto para ampliar a Vía Verde do Salnés a través dunha rede de trazados peonís e ciclistas (propostos en boa medida grazas á colaboración do colectivo veciñal Pedaladas e dos técnicos do Servizo de Deportes) e de vías ferroviarias en desuso, enlazando Vilagarcía-Portas con Pontevedra, polo norte, coa futura vía verde entre a nosa cidade, Vilaboa, Ponte Sampaio e Arcade, polo sur (sumando uns 40 kiómetros).

O proxecto foi acollido con entusiasmo pola FFE, quen manifestou o seu enorme interese e a existencia de viabilidade técnica para materializalo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *