A Laracha acolle este sábado o Campionato Preseleccións Provinciais Libre de patinaxe

O CP Conxuro organiza por primeira vez, o Campionato Preseleccións Provinciais Libre (Cadete a Senior) de patinaxe que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 5 de febreiro desde as 9:30h ata as 20:20 horas e domingo 6 de febreiro desde as 9:30h hasta as 14:45 horas

Trátase dunha proba federativa oficial, a primeira da tempada, á que acudirán preto de 100 patinadores das provincias de Coruña e Lugo, na que realizarán o seu programa coa finalidade de acadar a categoría nacional ou rexional para o resto da tempada.

Tomarán parte no evento vinte clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña e Lugo, en concreto CP Velúa, CPA Brión, CDP Boiro, CP Oroso, CPA Omega, CPA Ágora, CP Sarela, CD Fontiñas, CP Riberira, CP Compostela, CDP Berenguela, CP Campus Stellae, CP Buxaina, CP Lenda, CP Axel, CPA Eiriz, Noia Patín, CP Anca, CPA Maxia, e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.

O CP Conxuro presenta a 5 das súas patinadoras:

  • Cadete: Marta Andrade, Paula Rey, Xulia Arán e Uxía Freire
  • Junior: Ainhoa Cotelo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *