A non reforma laboral do Goberno, seica progresista. Por Carlos Armada

Yolanda Díaz, da que teño que decir que non está a facer un mal traballo, ten un obxectivo final coa súa mal chamada reforma laboral, obtener o mellor resultado electoral posíbel, por iso ten esa obsesión polo mal chamado «diálogo social»

Apela Yolanda, (tamén o PSOE e Podemos), ao acordo coa CEOE e os sindicatos CCOO e UXT para xustificar que todos e todas temos que apoiar esta «reformiña» sin que se teña que facer ningunha modificación o Parlamento.
O “diálogo social” que defenden desde o goberno e un diálogo feito nun foro que non é o que representa un diálogo social completo, existen organismos constituídos de forma legal que,de ser utilizados, non serían «tan cómodos», como podería ser o Consello Económico e
Social do Estado, no que participan todos os sindicatos máis representativos
O que pretenden Podemos e o PSOE, coa ministra de traballo a cabeza, e que ese foro informal sustitúa os organismos legais, como o parlamento, para facer leis que eles consideran que van a dar réditos electorais, e non pasa de ser un burdo intento de chantaxe política.

A xente ten que saber qué o acordo coa CEOE non e imprescindible para
aprobar unha nova normativa laboral encamiñada a recuperar dereitos dos traballadores, lembremos que a reforma laboral do Partido Popular se fixo sen que os sindicatos estivesen de acordo.

O diálogo social está moi ben pero non pode sustituir os órganos legais e democráticos dos que nos dotamos na sociedade, un deles o parlamento
A reformiña que queren facer desde o goberno non mudan as facilidades para o despedimento, o cual segue sendo moi barato, non se eliminan os EREs, os convenios estatais seguen sendo prevalentes sobre os provinciais, e a prevalencia dos convenios de empresa poden empeorar os de sector, se exceptuamos os salarios, segue a existir a posibilidade de que as empresas se “descolguen” do convenio e incumpran o nel
estabelecido, e se pode seguir facendo a distribución irregular da xornada, até un 10%
Na realidade o que debería de facer o goberno e reverter as facilidades
que teñen os empresarios para o despedimento dos traballadores, recuperar a indemnización de 45 días, e o límite de 42 mensualidades no caso dos despedimentos improcedentes. Debería de garantirse a erradicación da temporalidade e a
precariedade, a recuperación dos salarios de tramitación nos despedimentos improcedentes, os convenios de sector nunca deberían de
ser empeorados polos convenios de empresa, e non debería de existir a posibilidade dos “descolgues” do convenio por parte das empresas
Se Yolanda Díaz quere ser de verdade esa luz que debe guiar as esquerdas a un espazo de transversalidade debería de loitar de verdade polos dereitos dos traballadores, que é a clase máis transversal que existe, (traballadores sinos de tódalas ideoloxías), e deixar a un
lado a imaxen presidencialista que quer dar chegando a acordos coa CEOE, porque iso non é ser transversal, iso é ser unha máis do réxime, status que xa ten o PSOE desde fai anos, e que tamén vai adquirindo podemos a pasos axigantados

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.