Acto conxunto organizado polo Centro Gallego e o Centro Galicia de Bos Aires na homenaxe a Castelao

No salón central do Hospital do Centro Galego de Bos Aires, celebrouse un acto  conxunto organizado Polo Centro Gallego e o Centro Galicia de Bos Aires na homenaxe ao Pte. de Galicia no exilio, á universal de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

No acto  interviron os seus respectivos presidentes: José María Vila Alén polo Centro Galicia e Ramón Suarez «O Muxo» polo Centro Galego (na celebración do mesmo leeuse o comunicado que lles foi remitido dende Galicia polo Secretario Xeral do Partido GaleguistaFrancisco López Franco «Chesqui». «Amigas e amigos, irmáns, estanse a piques de cumplir 136 anos do nacemento na fermosa vila mariñeira de Rianxo na Ría de Arousa, e 72, do pasamento nesa cidade porteña de Bos Aires, do galego máis universal, do pai da pátria galega, da figura máis grande que dou esta Terra galega, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.O irmán Daniel finaba tal día como hoxe do ano 1950, na habitación 202 do hospital do Centro Galego bonaerense.
É hoxe, un ano máis, as fillas e fillos de Breogan, estamos aquí lembrando noutravolta ao noso Castelao, pero este ano ímolo lembrar botando mán da letra do noso ímno, berrando alto e forte !os tempos son chegados!. Si irmáns, é hora xa de que a Galicia Territorial e a Galicia Alén do Mar na quinta provincia galega, collámonos da mán e xuntos sexamos quenes de facerlle o gran recoñecemento do que Castelao é merecente; recoñecemento que ata o día de hoxe, 72 anos despois do seu pasamento, ainda está pendente. Sí «berremos alto e forte» !os tempos son chegados!. Chegou o intre, chegou o día…e tempo xá de que honremos a figura do pai da patria, e solicitemos das autoridades políticas que «recoñezan» o que xa é un feito dende aquela gloriosa data do 15 de Novembro de 1944, no que véu a lúz na cidade de Montevideo o Consello de Galiza, co fin de dotar a Galicia dun organo político no exilio, lexitimado polo estatuto de autonomía da Nosa Terra e plebiscitado o 28 de Xuño de 1936, e do que Castelao foi elexido o seu Presidente.
Por elo que mellor lugar e data para dende aí – na cidade de Bos Aires a Galicia ideal para Castelao, cidade que o acolleu nos derradeiros anos da súa vida- SOLICITAR das institucións da Galicia Territorial: Parlamento Galego e Governo Galego da Xunta de Galicia que «RECOÑEZAN INSTITUCIONALMENTE» a figura de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao como o que foi e é, «O PRIMEIRO PRESIDENTE DE GALICIA»
Sen máis, permitídeme rematar estas verbas !berrando ao ceo, alto e forte!
!Viva Argentina! !Viva Galicia!
!Viva Castelao! !Saúde e Terra!»

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.