Afeccións dos numerosos proxectos eólicos en Outes así como das 1000 alegacións aos distintos proxectos en tramitación

San Cosmeiro, O Vao, Maragouto, A Vaqueira, Banzas, Sete fontes….Unha morea de parques eólicos tramitados tandrán afeccións de forma integra ou parcial no concello de Outes,a isto habría que sumarlle as líneas de evacuación e un parque eólico, como o do Tremuzo ,xa en funcionamento.

As líneas que na maioría dos casos son solucións de evacuación conxuntas(de varios parques) partirán o territorio e pasarán preto de lugares como Guimarei ou as Touzas donde hai un centro de discapacitados e incluso moi preto dun dos bosques atlánticos mellor conservados como Santa Leocadia e van a dar a Banzas, moi preto do Mirador do Corto que ademáis dos proxectos citados recibiría a electricidade de Alvite, Alvite II e Troitomil…..Unha verdadeira barbaridade que colectivos como Quijote Outes,APEOM ou Fonte Seca xunto ca implicación veciñal intentan porlle freo.

Recientemente,antes de finalizar o 2021,remataba o plazo de exposición pública da LAT(línea de alta tensión) de Maragouto a Banzas e do parque eólico A Vaqueira.Estes proxectos terían Unha das fontes da zona de implicación do parque eólico A Vaqueira graves afeccións tanto aos humedáis como aos manantiales que abastecen á veciñanza e ubicaríanse no límite legal dos núcleos de poboación así como de vivendas ailladas (200 metros) xa estarían preto do parque eólico Tremuzo,sufrindo as consecuencias como o ruido a perda de sinal de t.v ou telefonía móvil. A gran perda patrimonial que supón a devaluación das vivendas próximas a parques eólicos,agudizándose de estar as vivendas dentro das poligonais dos proxetos de realizarse sería un escandalosa dada a cantidade de proxectos que afectan a centos de vivendas

Si sumamos as alegacións que se presentaron para esta línea Maragouto Banzas e as propias dos parques eólicos Maragouto A Vaqueira e Banzas estaríamos falando que se conseguiron presentar algo mais de 1000 alegacións. A inmensa maioría das alegacións,presentáronse nos rexistros da Xunta,no concello da Coruña e no da Baña,o cal o ter mais proxectos no seu concello presentaron unhas 150 alegacións diarias dado que desde o concello de Outes informaban de non ter capacidades, unha auténtica magoa .

Os tres colectivos forman parte dunha coordinadora que reuniu a varios alcaldes de distintas comarcas ca intención de ir da súa man, xunto cunha representación dos colectivos, á Xunta de Galicia a mostrar o rexeitamento á saturación de proxectos preto das casas e sobre hábitats prioritarios, os alcaldes que asistiron á primeira das reunións ratificaron en sesión plenaria o seu rexeitamento aos proxectos tal e cómo se acordou cos colectivos os cales lles facilitaron un manifesto co cal estaban de acordo, agora toca agardar a data desa viaxe a Compostela.

Ademáis da cercanía as vivendas preocupa e moito o patrimonio natural,os colectivos denuncian que tanto o proxecto Maragouto Brezal atlántico húmedo parque eólico Maragouto como a línea de evacuación de realizarse afectarían drásticamente a patrimonio natural do concello de Outes como unha gran turbeira e numerosas brañas e brezais atlántico nun perfecto estado de conservación ademáis de a distintos regatos e a súa rica biodiversidade.

Os colectivos, tendo en conta o rico patrimonio natural do concello,solicitaron á administración autonómica a inclusión no catálogo de humedáis por ser hábitats prioritarios que distintas directivas europeas poñen en valor como a directiva 92/43 ou a propia directiva marco da auga e puxeronse en contacto con distintas asociacións medioambientáis para encontrar as ferramentas necesarias para protexer algo,que entenden,é de toda a veciñanza e de gran valor. Non descartan a posibilidade de acudir a Europa si fose necesario e solicitarán a máxima implicación dos concellos afectados polos proxectos eólicos para que o futuro destes humedáis este garantizado.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.