Aplazado el partido del RC Deportivo Femenino ante el Zaragoza por casos de Covid

O partido entre o Zaragoza CFF e o Deportivo ABANCA, correspondente á xornada 16ª no grupo norte de Reto Iberdrola, previsto para este domingo 30 de xaneiro ás 12:00 en Villanueva de Gállego, foi aprazado por casos de COVID no vestiario branquiazul.

Agora será o Comité de Competición o que estableza unha nova data para disputarse o partido, o máis próxima posible no tempo, pero sempre no momento no que o permitan as condicións sanitarias.

O equipo branquiazul, que se adestrou esta mañá en Abegondo, terá descanso mañá sábado e o domingo. O cadro está citado de novo o luns 31 de xaneiro ás 17:00.

O Deportivo ABANCA manda no grupo con 37 puntos, con 3 de vantaxe sobre un FC Levante Las Planas con 34 puntos pero cun partido menos xogado que as coruñesas.

A próxima cita para o equipo que preparan Miguel Llorente e Ana González será o domingo 6 de febreiro ás 12:00 en Abegondo ante o CDF Osasuna, en partido correspondente á 17ª xornada.

Foto: RC Deportivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.