Arbo convoca un ano máis o concurso sobre a LXII Festa da Lamprea para os máis cativos do concello

Os/as gañadores/as do concurso recibiran premios en material escolar

O Concello de Arbo convoca e abre o praza de inscrición dun concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da  LXII  Festa dá  Lamprea que será os días 22, 23 e 24 de abril de 2022.

A Festa da Lamprea é a festa por excelencia do noso concello, declarada de interese túristico nacional no ano 2016 e que se adaptara na súa 62 edición a evolución do COVID-19.

O certame do cartel está dirixido a todos os/as alumnos/as do  C.E.I.P Antonio Carpinteiro, mentres que o de redacción está só enfocado aos alumnos de 3º a 6º de Primaria. O cartel e a redacción terán como tema central: Arbo, a  LXII  Festa dá  Lamprea, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o viño, a  lamprea, os ríos Miño, Cea, Deva, etc.

O cartel poderá presentarse en calquera soporte e poderá estar deseñado con calquera material. A redacción terá unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara. Os premios deste certame consistirán en material didáctico e xogos, outorgándose para o concurso de carteis dous premios para cada un dos cursos de Educación infantil e dous premios para cada un dos cursos de primaria. Para o concurso de redacción entregaranse dous obsequios por cada un dos cursos de 3º a 6º de primaria.

As propostas poderán presentarse ata o 17 de febreiro no CEIP Antonio Carpinteiro ou ata o 18 de febreiro nas dependencia municipais.

Este concurso lévase realizando desde hai máis de 30 anos, creouse sendo concelleiro de Cultura o actual alcalde Horacio Gil, e segundo manifesta “é necesario e enriquecedor mantelo na actualidade xa que é capaz de achegar aos máis pequenos o patrimonio histórico, a gastronomía ou a paisaxe de Arbo… Facéndolles partícipes ademais de algo tan importante para o noso pobo como é a Festa da  Lamprea, algo fundamental na vida de todos os  arbenses e, por suposto, tamén de todos eles”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.