As imaxes do VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera, na web da Deputación de Lugo

Trátase de quince imaxes que competiron no certame promovido pola institución provincial para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
As instantáneas admitidas no VII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá organizado pola Deputación de Lugo poden verse nunha exposición virtual na páxina web da institución provincial. Esta edición do certame tivo como fío condutor as redes de rutas de sendeirismo e itinerarios e o conxunto de vías e camiños tradicionais, co obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.
A mostra, entre a que se atopan todas as imaxes participantes na edición do 2021, pódese visitar na web da Deputación. Entre as fotografías atópanse as tres vencedoras desta edición: Camiño Primitivo, de Lina Iglesias; Lagoa de Cospeito, Germán Limeres López, e Cores de inverno na senda dos muíños, de Manuel María Balbas Naveira.
Foto portada: Primer premio. Camiño Primitivo (Lina Iglesias Forneiro)