Came Aira: “Precisamos mudar as políticas en sanidade para garantir as condicións de traballo do persoal de atención primaria”

A parlamentaria do BNG mantivo unha xuntanza con persoal de atención primaria dun centro sanitario de Lugo

A parlamentaria do BNG, Carme Aira, xunto co concelleiro do BNG en Lugo, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con persoal da atención primaria do centro de saúde A Milagrosa de Lugo. A parlamentaria do BNG afirmou que «precisamos dotar ao sistema público de saúde con máis recursos, tanto materiais como humanos, especialmente na atención primaria, que está a pasar por unha profunda crise».

«O persoal sanitario está a ver como se aumenta a súa carga de traballo, sen permitirlles planificar a compatibilidade entre as tarefas ordinarias do seu posto coas tarefas extraordinarias esixidas pola situación sanitaria», explicou a deputada do BNG.

Carme Aira afirmou que «a atención primaria é o punto de entrada da veciñanza no sistema sanitario, polo que é preciso conseguir a mellor calidade posible neste servizo». O BNG propón mudar a política que está a aplicar o goberno da Xunta de Galiza en materia sanitaria, «é preciso dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos anos, cunha precariedade no Servizo Galego de Saúde que, desde o comezo da pandemia non fixo máis que aumentar».

O BNG propón garantir a atención primaria presencial a toda a poboación galega, «unha atención primaria de calidade blindando a atención primaria e garantindo  que todas as persoas que o  precisen poidan asistir a unha consulta médica«, explicou Carme Aira, que engadiu «a atención recibida ten que ser segura e de calidade, non ten que depender de a que centro de saúde ou con que profesional se atope unha persoa».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.