CIG. «A situacion de Abante BPO, xenera situación de intranquilidade e ansiedade entre a plantilla que resulta absolutamente cobarde, miserable e inadmisible»

Desde a CIG queremos manifestar a preocupación pola deriva á que a empresa Abante B.P.O. Lugo leva sometida  nos últimos tempos. Esta empresa que durante lustros foi referente do sector dos centros de chamadas na cidade de Lugo, primeiro como Sykes e despois como Abante B.P.O., encontrase actualmente nunha situación de ruinosa  xestión cuxos últimos episodios son o impago da nómina extra do mes de decembro e a situación de valeiro de poder na mesma.

Durante o mes de Decembro a empresa supostamente foi vendida a un novo propietario, supostamente José Julio Antón Franco, quén foi presentado á representación legal dos/as traballadores/as o día 21 de decembro de 2020.

A empresa adebeda a nómina da paga extra do mes de decembro aos traballadores/as que non cobran as pagas prorrateadas, e a maiores non da nengunha explicación formal do motivo do impago.

Nestes momentos a empresa atópase nunha situación de administración opaca pois a mesma non responde ás cuestións prantexadas pola representación dos/as traballadores/as, e existe un vacío de poder no día a día absoluto, posto que nen desde o departamento de recursos humanos nen o director do centro son quén de dar explicación do que está a acontecer.

A situación é altamente preocupante, posto que se ben a empresa xa viviu desde a primavera do ano pasado un proceso de reconversión, coa decisión de desprenderse das dúas campañas (Orange e 1&1) que eran as mais importantes da empresa, producindose unha maiúscula diminución de persoal, pasando de arredor de 400 traballadores a escasamente 100. Este proceso que resulta evidente que se tratou dun proceso de descapitalización encuberto da empresa, foi executado baixo a dirección de Eduardo Alvarez Núñez, anterior dono da empresa, e que é o dono de HUARIS C.C., outro importante grupo do sector con base en Bembibre.

Na actualidade a empresa está a desenvolver unha administración e xestión con total nocturnidade e alevosía, sen ningún tipo de información ao comité de empresa, e xerando premeditadamente unha situación de intranquilidade e ansiedade entre a plantilla que resulta absolutamente cobarde, miserable e inadmisible .

Desde a CIG continuaremos a demandar á empresa que cumpra coas súas obrigas, e no caso de que persisitir esta situación, iniciaremos accións tanto na vía mobilizadora como na vía legl para reclamar os dereitos dos/as traballadores/as.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.