Clases de iniciación ao ioga en Dumbría, Cee e Corcubión

Dentro do obradoiro dual de emprego “OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR IV”

O alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR IV”, na especialidade de instrución en ioga, comeza o vindeiro 31 de xaneiro a impartición de clases de iniciación ao ioga nos concellos promotores do proxecto: Dumbría, Cee e Corcubión.

As actividades serán realizadas en 2 sesións de 45 minutos de duración, ás cales se poden inscribir no número de teléfono 676657565. A previsión de remate das mesmas está fixada no mes de xullo.

No Concello de Cee as actividades levaranse a cabo todos os luns no pavillón de Brens de 10:30 h a 11:15 h e de 11:45 h a 12:30 h; no Concello de Corcubión todos os mércores no pavillón municipal de 11:30 h a 12:15 h e de 12:45 h a 13:30 h; e por último, no Concello de Dumbría nas instalacións deportivas O Conco todos os venres de 10:30 h a 11:15 h e de 11:45 a 12:30 h.

O alumnado-traballador anima a toda a poboación interesada, a inscribirse nas actividades fixadas nos próximos 6 meses para coñecer os beneficios desta disciplina na consecución do benestar físico e mental.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.