Comeza a renovación da beirarrúa da Calzada das Gándaras de Lugo

Arroxo: «Realizamos unha intervención importante para mellorar a accesibilidade da zona e o benestar da veciñanza»

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo informou do inicio da renovación da beirarrúa na Calzada das Gándaras, no treito entre as rúas Ferradura e Venancio Senra. Rubén Arroxo explicou que «trátase dun treito que se atopaba nun avanzado estado de desgaste, o que sumado á inclinación da propia rúa complicaba a accesibilidade da veciñanza», e engadiu, «realizamos unha intervención importante para mellorar a imaxe da zona e ao mesmo tempo garantir a accesibilidade e o benestar da veciñanza».

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na renovación da beirarrúa cunha nova capa de formigón ruleteado, cun espesor de 15 cm. Para construír a nova capa de formigón, comezouse a coa demolición da beirarrúa actual. Nos pasos de peóns existentes instalaranse baldosas de botóns direccionais, cumprindo coa normativa de accesibilidade. Unha vez rematados os traballos, adaptaranse os rexistros existentes á nova cota da beirarrúa.

«A intervención levarase a cabo intentando minimizar ao máximo posible as molestias ás veciñas e veciños da zona», indicou o Tenente Alcalde, que engadiu «dende a área de Mobilidade e Infraestruturas temos que ter en conta que a maioría das veciñas e veciños de Lugo vivimos en barrios, e temos que traballar para mellorar a calidade de vida dos mesmos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.