Completada a reforma do patio da Escola Infantil Municipal dos Rosales

Durante o ano 2021, a Concellaría de Educación investiu máis de 2,4 millóns de euros nas escolas infantís da cidade

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, visitou este martes a Escola Infantil dos Rosales, onde o Concello da Coruña finalizou as obras de reforma no patio ao aire libre da instalación.

Os traballos consistiron na disposición dun firme de caucho, ideado para reforzar a seguridade das pequenas e pequenos, nunha superficie de 335 metros cadrados. Instalouse, ademais, un xeocomposto DrenFlex Triplanar sobre a capa de grava, na parte inferior do solo de caucho, para manter íntegra a capacidade de drenado do solo na totalidade do patio.

É a primeira das obras concretadas este ano polo Concello na Rede de Escolas Infantís Municipais da cidade, composta por oito centros educativos (as EIM Agra do Orzán, Arela, A Caracola, Carricanta, Os Cativos, Luis Seoane, Monte Alto e Os Rosales), ademais da EIM Carmen Cervigón, que forma parte da Rede de Escolas Infantís Municipales do Concello da Coruña baixo a titularidade da Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Máis de 2,4 millóns destinados á Rede das EIM durante o ano pasado

No ano 2021, a Concellaría de Educación destinou un total de 2.438.638,77 euros á Rede das Escolas Infantís Municipais da Coruña. O Goberno de Inés Rey estableceu desde o curso pasado a gratuidade de toda a rede municipal de escolas infantís, aumentando a achega municipal para garantir o seu funcionamento sen custe para as familias.

Entre os meses de febreiro e decembro executáronse, un total de 12 obras en sete das instalacións (as EIM Arela, Caracola, Carricanta, Luis Seoane, Monte Alto, Os Cativos e Os Rosales). Entre os traballos executados destacou a obra de conservación da cuberta da Escola Infantil Municipal de Monte Alto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.