Condenan o vandalismo na exposición “Galiza, un pobo, unha selección”

Efrén Castro sinalou “os discursos de odio, que non respectan o diferente” como xerme destes “actos inxustificables”

A exposición “Galiza, un pobo, unha selección”  instalada na Praza de San Marcos de Lugo amenceu con varios paneis cortados. Máis da metade das lonas de mostra, que se inaugurou este luns, apareceron con diferentes cortes.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, condenou “uns actos inxustificables” que, apuntou, “amosan o que traen os discursos de odio, que non toleran o diferente e responden con violencia a calquera actividade ou opinión distinta á súa”.

O responsábel provincial indicou que desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo “puxemos a situación en mans dos Servizos Xurídicos da Deputación de Lugo para que tramiten a denuncia ante as autoridades e se busque as persoas autoras”.

A mostra, organizada pola plataforma Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país en competicións internacionais e na traxectoria das seleccións galegas.

Os paneis cortados reporanse nos vindeiros días. A mostra permanecerá na Praza de San Marcos ata o 14 de febreiro, e iniciará logo unha itinerancia por Sarria, Monforte, Chantada, Vilalba, Viveiro, Foz, Ribadeo, Barreiros e Valadouro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.