Coñece os 5 establecementos da Coruña premiados no Concurso de Escaparatismo de Nadal

Os establecementos Azeta, Enredos, Rincón de Noa, Luces de Bohemia e Div-Ain obtiveron premios que van dos 2.500 aos 750 euros

O Concurso de Escaparates de Nadal, campaña impulsada polo Concello da Coruña durante estas datas festivas para dinamizar a actividade económica das pequenas tendas da cidade e impulsar, deste xeito, as compras nos comercios de proximidade, contou coa participación de medio centenar de establecementos. Durante a campaña, todos eles dispuxeron da posibilidade de solicitar o asesoramento dunha persoa experta na materia a través da Concellaría de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios.

Este mércores, o Goberno municipal anunciou os cinco escaparates máis votados, trala valoración inicial do xurado, que determinou os dez finalistas, e a votación popular posterior, executada entre os días 22 e 30 de decembro a través da páxina web do concurso. Dos escaparates participantes, expostos ata este martes 4 de xaneiro, apreciouse a creatividade, complexidade da montaxe e a integración da decoración coa actividade do establecemento comercial.

Así, os cinco escaparates máis votados obtiveron premios que van desde os 2.500 e os 750 euros. Os gañadores foron os seguintes:

1. Primeiro Premio (2.500 euros): Libraría Azeta.

2. Segundo Premio (1.500 euros): Enredos.

3. Terceiro Premio (1.000 euros): Rincón de Noa.

4. Cuarto Premio (750 euros): Luces de Bohemia.

5. Quinto Premio (750 euros): Div-Ain.

Sorteáronse, tamén, 25 vales de compra, de 50 euros cada un, entre a cidadanía que participou na votación popular polo Concurso de Escaparates de Nadal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.