Ecoloxistas en Acción de Ourense alerta que se vai levar a cabo unha montería de caza a cambio de 1 kg de comida para os comedores sociais de Cáritas Ourense

Ecoloxistas en Acción de Ourense e outras agrupacións da federación galega celebran e aplauden a decisión do aprazamento, pero insisten na cancelación total e absoluta de tan inaceptable convocatoria

A Verdade da Caza, compartía este pasado 8 de xaneiro a imaxe dun cartel que convida a un grupo de cazadoras a unha MONTERÍA FEMININA BENÉFICA SOLIDARIA a beneficio de Cáritas Ourense, co beneplácito de Xestión Cinexética Galicia. A noticia correu como a pólvora polas nosas redes sociais.  Ecoloxistas en Acción de Ourense e demais asociacións non saímos do asombro, preguntamos á entidade sobre a veracidade da súa participación. Desde Cáritas Ourense a través de declaracións en twitter segundo palabras textuais: “Desde Cáritas Ourense non patrocinamos nin temos constancia desta acción”, seguimos en estado de incredulidade e consternación.

Hai uns meses a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto mantivo unha entrevista non presencial (videoconferencia) con representantes de cazadores. Ás asociacións ecoloxistas nin nos respondeu cando solicitamos ter tamén unha reunión con ela.Agora somos conscientes  de que esa reunión cos  cazadores, foi para outorgarlles licenza para matar os nosos animais  e aniquilar a fauna silvestre que estes últimos anos  daba a  sensación que se ía recuperando. Galicia foi un país  moi   antropizado, pero equilibrado coa natureza, agora todo é abandono e as especies exóticas invasoras ocupan as nosas terras. De aí a montar circos ecuestres de monterías e batidas hai un mundo e sobre todo, hai un terrorismo animal, por parte dun colectivo que se autodenomina protectores da natureza e os animais.

Con gran esforzo e múltiples presións por parte de Ecoloxistas en Acción de Ourense e decenas de asociacións na tarde do día 11 de xaneiro confírmasenos o “aprazamento” da montería, o que celebramos. Convidamos á organización do evento que se expoña a cancelación total e absoluto da convocatoria, se é que montear en tempos de COVID, é mal plan.

Cousas como estas deberían estar controladas pola Xunta de Galicia e os  Concellos. Se non é polo compromiso cidadán e a súa preocupación polo benestar non só dos animais senón de todos en xeral, accións  deshonestas como estas ocorrerían a diario. Nada que leve a palabra «Benéfico» ou «Solidario» pode ir acompañado do sufrimento e morte de calquera especie por lecer ou entretemento.

Ecoloxistas en Acción de Ourense informa que utilizar un logotipo dun terceiro para referirse a el, se ten o logotipo rexistrado non podes utilizalo (aínda que sexa sen ánimo de lucro) dado que o rexistro dá dereito a que o titular do logotipo use en exclusiva un logo que estea identificado cuns produtos e servizos determinados. E o titular é o único lexitimado. Este acto é totalmente denunciable por parte do titular do logo. E corresponde un delito de propiedade industrial tipificado no Código penal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.