Ecoloxistas en Acción Galiza pide á Xunta e a Núñez Feijóo que teñan «sentidiño» e suspendan os campionatos de raposo desde ano

Galicia comeza 2022 con 5.252  contaxios novos de coronavirus e unha cifra de casos activos que superarán os 50.000 nos próximos días  e aínda non celebramos Reis
Nesta situación de pandemia cun incremento do número de contaxios alarmante resulta perigoso e neglixente, por parte da Xunta de Galiza, seguir a autorizar actividades cinexéticas como:
 1- A autorización de modalidades de caza colectivas:O período hábil para a caza menor remata o 6 de xaneiro, salvo algunha autorización de prolongación. A partires desta data empréganse só modalidades de caza maior como batidas e montarías onde os grupos de cazadores son moito máis numerosos. Na batida o número mínimo de cazadores é de 10 e o máximo de 30. Na montaría o número de cazadores está entre 20 e 50 ademais dos batedores.
2- A autorización de competicións de caza:
Estanse a celebrar competicións de caza durante todo o ano organizadas pola Federación Galega de Caza ou por sociedades de cazadores. O mes que máis competicións concentra é xaneiro, neste mes só para o día 8 e só programadas pola Federación Galega de caza hai 5 competicións (Copa federación galega de cans de parada sobre arcea e os Campionatos provinciais de caza de raposo en A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra).
Nas circunstancias actuais da pandemia, coidamos que é necesario e urxente suspender as batidas, montarías e competicións de caza polo elevado número de participantes, polos desprazamentos que supoñen e polas celebracións que adoitan levar aparelladas.
Ademais, a falta de transparencia e de información coa cal a Xunta protexe esta actividade fainos temer que os participantes non cumpran coas precaucións que se nos esixen ao resto de galegos e galegas, nin que se lles someta aos controis aos cales somos sometidos o resto de cidadanía como test de  antixenos,  PCR, pasaporte  COVID, distancia de seguridade, máscaras, etc. Aínda que sexa unha actividade ao aire libre, precisa de reunións e contactos entre os participantes. Os cazadores tamén teñen familia, amigos, veciños, compañeiros de traballo,  aos cales poden contaxiar se algunha das cuadrillas resulta afectada.
Por iso para concluír dende Ecoloxistas en Acción Galiza esiximos  «SENTIDIÑO» tanto á Xunta como a Alberto Núñez Feijóo e que cancelen estes mal chamados «campionatos» e demais actividades cinexéticas que poidan comprometer a saúde dos galegos e a súa economía.

9 comentarios

  • Rocio

    Esta es la imagen que quieren dar de Galicia???? Cientos de zorros muertos????
    Esto les representa????
    Simplemente me repugna

  • Carmen

    Parece-me um pedido muito razoável, espero que o ouçam.

  • Maria

    Para cuando dejar en paz a los zorros?

  • Unai Zarraolandia

    La caza del zorro es solo un reflejo más de la barbarie, la anti ética usurera, del odio especista ante la inmensidad de la naturaleza, y la necesidad sádico-clasista de matar animales fundamentales en los ecosistemas que confrontan cara a cara el cobarde supremacismo del ego. Basta de la caza de zorros, y basta de políticos cobardes mercenarios sin escrúpulos bloqueando el avance de la ética, la ciencia y la empatía.

  • Margarita Pascal Misiti

    no a la caza de zorros y no a la caza en el siglo XXI solo es matar por matar

  • Luis luna

    La caza no es deporte, es asesinato amparado por las autoridades e instituciones que se lucran con esa masacre

  • María Cristina López García

    A ver si por fin logramos rematar coa lacra da caza dunha vez por todas. Non hai excusas, está claramente demostrado que a natureza equilíbrase perfectamente sin a Nosa imxerencia, de Feito os que sobran son os cazadores nos ecosistemas e na sociedade humana.

  • marga

    no a la caza de zorros ni de nada

  • marga

    no a los campeonatos de zorros y no a la caza en general, actividad repulsiva y destructiva que no tiene cabida en la sociedad actual

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.