Efrén Castro pon en valor Sarria na presentación da volta ciclista profesional “O Gran Camiño”

O deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na presentación do volta profesional a Galiza “O Gran Camiño”, que se celebrou esta tarde no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura, en Compostela.
Tras anunciar nas últimas semana que Sarria acollerá o vindeiro 27 de febreiro a etapa lucense, o responsábel provincial asistiu este tarde ao acto de presentación oficial e conxunta das catro etapas da volta, que pretende recuperar un espazo propio para o ciclismo profesional galego no calendario internacional.
Na súa intervención, Efrén Castro sinalou que Sarria xunto todos os ingredientes para acoller o desenlace dunha proba como o Gran Camiño, pola forte paixón que sente a veciñanza polos deportes, en especial polo ciclismo, e por estar situado en pleno Camiño de Santiago.

Efrén Castro na presentación de O Gran Camiño

Grazas ao Camiño, “Sarria está no seu día a día habitada por un crisol de culturas e  nacionalidades de todo o mundo, exactamente igual que un pelotón UCI” polo que, valorou, “os sarriaos e sarriás estaremos encantados de acoller tanto os equipos participantes como a todas as persoas que se queiran achegar a desfrutar do desenlace desta competición”.
“A rodaxe das bicicletas sumarase aos millóns de pegadas que foron deixando os peregrinos e peregrinas ao longo da historia”, dixo para concluír convidando a todas as afeccionadas e afeccionados ao deporte a desfrutar do patrimonio, da historia, da hospitalidade e da natureza” en Sarria.
Etapa en Sarria
Sarria acollerá a cuarta e última etapa da ronda galega, unha contrarreloxo de 15,9 quilómetros e 240 metros de desnivel que trascorrerá integramente polo concello sarria, cuns primeiros quilómetros por estradas secundarias, coindicindo durante algúns tramos co Camiño de Santiago, e final no casco antigo da vila, na Rúa do Castelo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.