Esta semana comezan as obras de peonalización da rúa San Leopoldo na Agra do Orzán

En paralelo, habilitarase un acceso que conectará a rúa Gramela coa praza do Comercio, co obxectivo de mellorar a mobilidade na zona

O Concello da Coruña comezará esta semana os traballos para consolidar a peonalización da rúa San Leopoldo, situada na Agra do Orzán, dando un paso máis na liña de proxectos de humanización e mellora dos espazos públicos marcada pola alcaldesa da cidade, Inés Rey.

A peonalización definitiva da rúa San Leopoldo chega despois dunha experiencia piloto, vixente na actualidade, que comezou no Nadal do ano 2020, consensuada con cidadáns e comerciantes do barrio para favorecer a mobilidade polo distrito.

As obras de reurbanización en San Leopoldo permitirán que a rúa pase a ser de plataforma única, coa colocación de arboredo (11 exemplares) repartido en zonas axardinadas que estarán localizadas na franxa central da rúa. Ademais, atentendo á solicitude da Asociación de Veciños da Agra, executaranse traballos de pintura no firme para que as pequenas e pequenos podan dispoñer e gozar de xogos infantís de carácter educativo ao aire libre.

Ademais, a Concellaría de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade que dirixe Juan Díaz Villoslada habilitará un novo acceso á praza do Comercio dende a rúa Gramela, para mellorar a mobilidade na zona.

Recuperación do conxunto escultórico de José Castiñeiras

As obras en San Leopoldo complementaranse coa elevación do cruzamento con Andrés Gaos, dando prioridade á mobilidade peonil, así como á seguridade e accesibilidade á zona.

Por outra banda, no contexto destes traballos de mellora no distrito, o Concello da Coruña aproveitará para recuperar a escultura de José Castiñeiras que estaba situada na rúa Barcelona e foi retirada hai unha década. A escultura volverá lucir na Agra do Orzán, dando continuidade á liña de restitución do conxunto escultórico de Castiñeiras durante o mandato de Inés Rey.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.