Gonzalo Caballero.  «Rafa Villarino representa un PSdeG sen complexos fronte ao caciquismo dos Baltar”

Gonzalo Caballero trasladou os parabéns a Rafael Rodríguez Villarino logo da súa reelección como secretario xeral do PSdeG na provincia de Ourense en virtude dun “apoio maioritario” da militancia socialista ourensá.
“O socialismo de Ourense apostou por un proxecto decidido de abaixo arriba, afastado de instrucións doutras instancias e coa prioridade de combater as políticas caciquís da dereita ourensá”, destacou Gonzalo Caballero sobre a decisión libre da militancia na provincia onde o PSdeG non goberna a deputación e onde é mais difícil facer oposición ao PP. Ademais, puxo en valor o «magnífico traballo» de Rafael Rodríguez Villarino na súa primeira etapa como secretario provincial, na que coincidiu con Gonzalo Caballero como secretario xeral. “En Ourense crecemos en concelleiros nas eleccións municipais, en deputados nas xerais e en parlamentarios nas autonómicas”, subliñou.


«A militancia socialista apostou por un proxecto “decidido de abaixo arriba” na única provincia na que o PSdeG non goberna a deputación

De feito, recordou que o PSdeG gañou as eleccións municipais na cidade de Ourense con Villarino como candidato e que o PP de Baltar perdeu por primeira vez a maioría absoluta na provincia. “Só un pacto contranatura entre o PP e Jácome conseguiu afastar a Rafa da alcaldía de Ourense e impediu limpar de caciquismo o pazo provincial”, sinalou.Así pois, cunha bagaxe de mellora de 10 puntos nas eleccións xerais en Ourense, de 4 nas municipais, de 10 nas europeas e de dous nas autonómicas na súa provincia, Gonzalo Caballero desexou todos os éxitos a Villarino. “Villarino traballou a reo e seguirá remando e gañou a pulso ser un referente da esquerda fronte á dereita caciquil de Ourense. É un home comprometido e loitador e representa un PSdeG sen complexos fronte ao caciquismo dos Baltar”, finalizou.Por último, Gonzalo Caballero amosou o seu recoñecemento a “un gran alcalde” como Alfredo García, a quen considera «un referente do municipalismo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.