Inaugúrase en Lugo a exposición “Galiza. Un pobo, unha selección”, que repasa a historia do deporte galego e reivindica seleccións nacionais

A Praza de San Marcos acolle desde hoxe e ata o 14 de febreiro a exposición ‘Galiza, un Pobo, unha selección’, organizada pola plataforma Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A mostra consta de 20 paneis explicativos que repasan a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país en competicións internacionais e na traxectoria das seleccións galegas.
Na inauguración da mostra, esta tarde na Praza de San Marcos, o coordinador de Vía Galega en Lugo, Cosme Pombo,
O deputado de Deportes, Efrén Castro, valorou a mostra como “unha ferramenta para difundir e ampliar o coñecemento que temos sobre a historia do deporte galego” e defendeu a necesidade de “contar con seleccións propias que representen Galiza nas competicións internacionais, como teñen outras nacións sen Estado como Escocia ou Gales”, apuntando tamén que “as seleccións suporían unha oportunidade para crear e afianzar estruturas deportivas propias nas que os deportistas do país poidan desenvolver o seu potencial competitivo”.
A exposición
A mostra está estruturada en diferentes bloques temáticos. O primeiro deles, centrado no dereito a competir, repasa a loita a prol das seleccións deportivas galegas, o peso de Seareiros Galegos desde o seu nacemento nos 90 e a situación de Galiza no mundo deporte, sen representación, en contraposición co que sucede con outras nacións sen Estado que si compiten internacionalmente como Escocia ou Gales.
A selección galega de fútbol é a protagonista do segundo bloque temático, no que se repasa a súa traxectoria desde que disputara o primeiro partido, en 1922 en Vigo ata o día de hoxe, e no que se glosa os logros dos mellores equipos e xogadores do pais, desde o Balón de Ouro Luís Suárez ata Iago Aspas.
O fútbol gaélico tamén protagoniza un dos paneis expositivos, por ser o  único deporte no que Galiza compite oficial e internacionalmente propia. Tamén contan con espazo na exposición outros deportes minoritarios nos que Galiza acumula exitos ecomo o squash, o boseo, o taekwondo, a loita libre, o tiro con arco ou o xadrez.
A mostra inclúe tamén un panel que repasa o desempeño de deportistas de Galiza nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, desde os Xogos de Amberes en 1920.
A muller e a súa loita pola igualdade tamén contan co seu propio bloque temático, con lendas do pasado como Irene Basanta ou Xulia Vaquero e representantes do presente como Raquel Carrera, Belén Toimil, Ana Peleteiro ou Julia Benedetti.
O triatlón, os deportes acuáticos ou o ciclismo contan tamén con cadanseu bloque temático. Os deportes tradicionais tamén teñen o seu espazo con paneis nos que se bota luz sobre disciplinas propias de Galiza como a bilarda, a chave, a loita galega ou os bolos celtas.
Por último, a exposición tamén afonda na calidade do deporte e deportistas de Lugo, nas disciplinas máis descoñecidas e minoritarias  e no mundo do motor.
Itinerancia
Tras a súa exposición na Praza de San Marcos, a mostra iniciará un percorrido polas distintas comarcas. Nos vindeiros meses, poderase ver en Sarria, Monforte, Chantada, Vilalba, Viveiro, Foz, Ribadeo, Barreiros e Valadouro.
Campaña a prol das seleccións galegas
A mostra forma parte dunha campaña en favor das seleccións deportivas galegas que está a desenvolver a plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 colectivos sociais, culturais e deportivos.  Ademais da propia exposición, q campaña inclúe a edición de  publicacións divulgativas, videos promocionais e palestras en diferentes localidades de Galiza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.