Investigados por prevaricación a ex alcaldesa de Guitiriz e o secretario do Concello

A ex alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, xunto co que foi secretario do Concello, Rafael José del Barrio Berbel, están sendo investigados por posible prevaricación na realización dun ERTE e posterior ERE aos integrantes do GES (grupo de emerxencias municipal) en 2019 e que resultaron posteriormente nulos tras varias sentenzas, cas consecuentes cargas económicas nas arcas municipais.

A corporación municipal de aquel 2019 formada por concelleiros que hoxe en día seguen no equipo da actual alcaldesa Marisol Morandeira, como Laura Ageitos ou Carlos Buján, decidiron en pleno prescindir do servizo do GES.

A ex alcaldesa xunto co asesoramento e sinatura do secretario daquel momento (Rafael José del Barrio Berbel) aplicáronlle ós 7 traballadores un ERTE (que resulta nulo de pleno dereito na administración pública) e xusto a posteriori presentaron un ERE que un xuiz declarou tamén nulo por non dispor de xustificación legal suficiente. Actos estes que desencadearon nunha indemnización ós traballadores dun ano enteiro de salario a cada un de eles, e a telos que reincorporar ós seus postos.

Froito do anterior, Regina Polín e Rafael José del Barrio enfróntanse agora a un posible delito de prevaricación administrativa, por coñecer de antemán a ilegalidade dos seus feitos e levalos a cabo de igual maneira.

A prevaricación administrativa, regulada polo Código Penal, é un delito consistente nunha resolución arbitraria, no sentido de que ademáis de contrariar a razón, a xusticia e as leis, se fai desviándose da praxis administrativa dunha maneira flagrante, notoria e patente, isto é, que o suxeito activo dicte unha resolución que non sexa o resultado da aplicación do ordenamento xurídico se non, pura e simplemente, unha vontade inxustificable revestida dunha aparente fonte de normatividade.

Así, con todo o anterior, esta investigación realizada polo xulgado de Vilalba a instancia da fiscalía de Lugo, fará que tanto Regina Polín como Rafael del Barrio se enfrenten, entre outras, a penas de inhabilitación de cargo público ou función pública de entre 3 a 15 anos, o que podería acarrear por exemplo a perda da condición de funcionario do secretario.

Nas vindeiras datas víctimas, testigos, implicados e acusados terán que ir a declarar sobre este posible delito de prevaricación nos xulgados de Vilalba.

A investigada Regina Polín tivo o bastón de mando do concello guitiricense en diversos períodos, o último de eles entre os anos 2015 a 2019 baixo as cores do PSOE.

O investigado Rafael José del Barrio Berbel pola sua parte, actualmente secretario do concello de Lugo, xa estivo imputado cando exercía de secretario no concello de Vimianzo pola posible irregularidade na contratación dunha traballadora.

Foto portada: Casa consistorial do Concello de Guitiriz

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *