José Ángel Santos, elixido presidente do PP en Friol co 100% dos votos

Candia puxo en valor publicamente a xestión de Santos á fronte do Concello e tamén como dirixente da xestora, destacando que “é un alcalde referente non só na provincia, senón tamén para toda Galicia”, como así o demostra o apoio recibido nas últimas municipais e que ascendeu ao 82,77%
“A súa forma de facer as cousas e de sumar ao Partido é o que queremos e defendemos dende a dirección provincial. Sen dúbida, Jose é un espello no que mirarse para os que tivemos ou teñen responsabilidades de goberno ou incluso políticas”, manifestou a líder do PP
O novo presidente asume o cargo “cunha enorme responsabilidade”, baixo “a finalidade de seguir facendo unha política de continuidade, humilde e de proximidade” e traslada o seu compromiso á presidenta de traballar “para desbancar ao PSOE da Deputación”
José Ángel Santos estará acompañado dun equipo “renovado e novo en idade, traballador e cualificado que xestionará unha estratexia política que nos levou a gobernar de forma indiscutida en Friol durante 35 anos consecutivos”